POÉTICA

Na sección de arte faltaba unha pouca Poesía, así pois, introduzamos un pouco de poesía no noso blog e na nosa vida... (penso que o galego como língua é das máis poéticas...¿ou non?):

ACLARACIÓN: O poema é unha pedrada na cabeza. Por iso lles recomendamos aos leitores que usen casco.

SUICIDIO
Colles o teléfono
Marcas o teu número
Falas contigo mesmo:
Decididamente, non te podes ver.
Antes de discutir
Prefires colgarte.

O BOCIO NO EQUINOCIO
Teño o pan balorento
Aran os bois e chove
Menos mal que estou avisado

Observar un parto
coas pupilas dilatadas
tamén axuda á parturenta.

E se os nosos versos
vos parecen herméticos
¡Ai abrelatas!

Todos son fragmentos do maravilloso universo creativo do grupo Ronseltz (recollidos no libro Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados)

5 comentarios:

 

version 1.6 20/12/08 - best viewed in 1024x768 or higher with firefox

certificado por
GuiaBlog
rugby