Written by Cris Varela | a | al | cobalto | >>

THE HOMENS

No 2004 - 4 tipos xúntanse en Satiago de Compostela. Dende entón, Cristovo, Martin Wu, Roi e Xocas convértense nuns homens autodeclarados namorados do post hardcore dos oitenta, do pop británico e dese rollo guai de finais dos setenta.

Seguindo a estela dese movemento alegre e explosivo de hai xa camiño de catro décadas, e por máis que digan que cal hamster, por moito correr a xaula non cambia, fanche correr, brincar, bailar e rematarás cantando cun bo soriso porque se algo emanan estes tipos é unha enerxía brutal.

Descubertos no meu caso con Calamar


levan formando parte da miña banda sonora dende o 2008, anque Tres, LP que arranca con este tema, xa viña soando dende outubro do 2007.

Antes diso xa tiñan dous EPs autoeditados na rúa, #1 (2005) e #2 (2006). Parece que a cousa prometía e para o seu terceiro traballo –como non, Tres (Falcatruada 2007)-  puxéronse nas mans de Santi García, productor do selo catalán BCore, que grabou as súas once enerxéticas emerxencias nos estudios Ultramarinos Costa Brava.

Persoalmente, anque foi Calamar o tema quizais máis aclamado, podería botar CEN DIAS escoitando isto.


Dous anos despois, e cos bos resultados anteriores, voltan a Cataluña a parir Cuarta potencia (Lixo Urbano 2009), de novo con Santi García.

Neste traballo, 12 temas ruidosamente explosivos lévannos a un universo atronador de sons vibrantes e enerxía exuberante, coa súa “inocencia pop” e unha expresividade renovada e a ferrete.

Déixovos este video do seu Hamster en concerto


Concertos por certo,  que están a dar ata maio de momento nunha xira semi acústica dentro do interesante proxecto Detrás da canción e dos que podedes consulta-las datas eiquí:
DETRÁS DA CANCIÓN

The Homens · Cuarta potencia
 

2 comentarios:


a escribió el 29 de marzo de 2011, 22:03...

Welcome & bienvenido a FFW señor lxtmc, que este bloj tiene que mantenerse alive for muchos años


al escribió el 29 de marzo de 2011, 23:04...

Muxas gracias mister, y sus ojos que lo vean! ;)

 

version 1.6 20/12/08 - best viewed in 1024x768 or higher with firefox

certificado por
GuiaBlog
rugby